Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.490

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 4 de xuño de 2003 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúe o caudal remanente da herdanza intestada de Cándida Bentureira Cambón.

Antecedentes.

Por primeira denuncia de Víctor Manuel Varela Mariño, NIF 34888417-Q, de data 20 de febreiro de 1998, iniciouse o expediente para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira legal de Cándida Bentureira Cambón, de acordo co disposto nos artigos 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cándida Bentureira Cambón, con NIF 32359494-N e derradeiro domicilio na Laracha (A Coruña), finou o 10 de xaneiro de 1998 no Hospital Juan Canalejo da Coruña, sen ter outorgado testamento, datos que quedan acreditados no Rexistro Civil da Coruña e mediante certificación do rexistro xeral de Actos de Derradeiras Vontades.

Por auto do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña do 3 de xullo de 1998, declarouse única e universal herdeira ab intestato da causante, Cándida Bentureira Cambón, á Comunidade Autónoma de Galicia na totalidade da súa herdanza, dereitos e obrigas.

Comunicada a resolución xudicial ó denunciante preferente (que solicitou premio), publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 226, do 23 de novembro de 1999 o Anuncio do 8 de novembro de 1999 polo que se abría prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma, de Cándida Bentureira Cambón, veciña da Laracha (A Coruña). Con data 16 de decembro de 1999, o Concello da Laracha solicitou a excepción de venda dun inmoble do caudal hereditario da finada, radicado na rúa Anllóns da vila da Laracha para destinalo á instalación dun centro de día e ocupacional para persoas con minusvalidez do termo municipal da Laracha en congruencia co disposto no artigo 153.2º da Lei 4/1995. Posteriormente o 23 de decembro de 2002, o Concello da Laracha rectifica a súa solicitude anterior no sentido de darlle ó ben ademais novas finalidades, dedicalo a centro da terceira idade e outros fins asistenciais do municipio.

Fundamentos xurídicos.

-Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, artigos 153 e 154.

-Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

-Decreto 50/1989, do 9 marzo, polo que se aproba o Regulamento que executa a Lei 3/1985.

-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Código civil.

Adoptadas pola Secretaría Xeral e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, excepcionado o principio de alleamento de bens, presentada a conta xeral de liquidación da herdanza e feitas as correspondentes propostas de distribución do caudal hereditario e de concesión de premios,

RESOLVO:

Primeiro.-Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidación da herdanza de Cándida Bentureira Cambón:

A) Bens e dereitos:Valor

-Inmobilizado material:

Construccións:

Casa con predio urbano de 2.665 m82.350,08 A

Parcela rústica estremeira de 3.468 m27.327,84 A

-Tesourería:

Bancos e institucións de crédito:

Caixa Galicia (A Laracha)

Nº c.c. 2091-0029-95-30000508030,00 A

Banco Santander Central Hispano (A Laracha)

Nº c.c. 0049-3823-33-163004282513.234,59 A

Banco Santander Central Hispano (A Laracha)

Nº c.c. 0049-3823-36-12901532340,00 A

Total bens e dereitos122.912.51 A

B) Obrigas e débedas:

-Servicios de profesionais independentes:

Notaría de Oviedo de Nieves Díaz García

9-7-200219.52 A

Rexistro da Propiedade de Carballo

10-9-200281,20 A

Rexistro da Propiedade de Santiago

23-9-200220.91 A

Rexistro da Propiedade de Carballo

10-12-200245,04 A

-Impostos:

Deputación Provincial da Coruña.

Recadación IBI868,94 A

Total obrigas e débedas1.035.61 A

Total líquido (bens e dereitos-

obrigas e débedas)121.876,90 A

Segundo.-Tendo en conta:

* O caudal hereditario remanente líquido resultante: 121.876,90 A.

* As solicitudes presentadas sobre este patrimonio en tempo e forma, acorde cos fins: Concello da Laracha.

* As denuncias efectuadas sobre bens do causante: por Víctor Manuel Varela Mariño, o 20 de febreiro de 1998, denunciando os seguintes bens: inmoble con casa e anexos con terreo circundante, depósito en Caixa Galicia sucursal da Laracha, depósitos en Banco Central Hispano da Laracha; e polos señores Generoso, María e Ramón, Paulos Sande, o 2 de marzo de 1998, denunciando os bens: inmoble con casa e anexos con terreo circundante, depósito en Caixa Galicia sucursal da Laracha, depósito (sen determinar) en Banco Central Hispano da Laracha.

* As obrigas e débedas pendentes: 1.035,61 A.

a) Adxudicar, en atención ó destino cultural ou asistencial a que están afectos estes bens hereditarios e á preferencia da radicación dos establecementos e institucións que poden ser beneficiarias e as solicitudes presentadas, o inmoble composto por casa e anexos, xunto con terreo circundante, inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 1.175, libro 157, folio 101, predio 6.507-N, ó Concello da Laracha (A Coruña), único solicitante, que pediu a exclusión do ben de venda, institución pública radicada no derradeiro lugar de residencia do causante, que se compromete a destina-lo citado inmoble do caudal hereditario a centro da terceira idade e outros fins asistenciais municipais.

Se o ben adxudicado non se aplicase ó fin comprometido no prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, deixase con posterioridade de te-lo destino legal que se lle asigna, cultural ou asistencial, procederá a reversión do inmoble á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do Regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

b) Conceder, como primeiro denunciante, a Víctor Manuel Varela Mariño, con NIF 34888417-Q, o dereito a percibi-lo premio previsto no artigo 20 do Decreto 94/1999, cuantificado na cantidade de 12.187,69 A, resultado de aplica-la porcentaxe regulamentaria do 10% á parte proporcionalmente corresponda ós bens relacionados na súa denuncia (e efectivamente de titularidade do causante) do caudal líquido que se obtivese, 121.876,90 A.

Tercero.-Ordenar que se proceda ó ingreso na Caixa Xeral do Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia da cantidade líquida remanente tralas anteditas operacións de adxudicación e concesión de premio, que ascende a 11,29 A, co apercibimento de que este importe deberá quedar afecto a establecementos de asistencia social ou institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia da causante, municipio da Laracha, e, en todo caso, en territorio galego.

Cuarto.-Os custos de formalización e entrega dos bens da herdanza serán de cargo dos beneficiarios-interesados neste procedemento. A Secretaría Xeral e do Patrimonio realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Quinto.-Esta resolución pon fin a vía administrativa e contra dela poderase interpoñer: recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación, perante este órgano administrativo de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado considere exercitar calquera outro recurso que estime oportuno.

Santiago de Compodstela, 4 de xuño de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA