Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, de asistencia técnica para a coordinación trasnacional, avaliación interna do proxecto e elaboración dunha guía metodolóxica para a motivación de empresas das accións encomendadas á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dentro do proxecto STELLA da iniciativa comunitaria EQUAL. (Expediente 61/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a coordinación transnacional, evaliación interna do proxecto e a elaboración dunha guía metodolóxica para a motivación de empresas das accións enco

mendadas á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dentro do proxecto STELLA da iniciativa comunitaria EQUAL.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): ata o 31 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: 53.456,44 euros (cincuenta e tres mil catrocentos cincuenta e seis euros con corenta e catro céntimos ) (IVE incluído).

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela. Teléfono.: 981 54 56 50/54 01 03, Fax: 981 5456 91.

w.w.w.xunta.es/contratación

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9:30 horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais