Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dunha consultoría e asistencia, por lotes, para a impartición de accións formativas pertencentes ó Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (FIP). (Expediente 55/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia por lotes para a impartición de accións formativas pertencentes ó Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (FIP).

b) División por lotes e número: 22 lotes.

c) Lugar de execución: ver punto 5.1. da portada do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): ata o 30 de setembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación: total: 747.741,30 euros (setecentos corenta e sete mil setecentos corenta e un euros con trinta céntimos, IVE incluído). Para ve-lo orzamento concreto de cada lote ir ó punto 9.4 da portada do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías:

a) Provisional: ver punto 12.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela. Tfno.:981 54 56 50/54 01 03, fax: 981 54 56 91. www.xunta.es/contratación

7. Obtención de documentación: copistería Copynino r/ Xeneral Pardiñas, nº 2, Santiago de Compostela, tfno.: 981 59 03 02.

8. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

10. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9:30 horas a partir do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais