Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de trinta e cinco ordenadores persoais e cen impresoras. (Expediente 63/2003).

1. Entidade adxudicadora:Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de trinta e cinco ordenadores persoais e cen impresoras.

b) Lugar de entrega: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

c) Prazo de entrega: como máximo quince días desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 60.000 euros, IVE incluído (sesenta mil euros).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n; 15781 Santiago de Compostela; tfno.: 981 54 56 50; 981 54 01 03, fax: 981 54 29 08. www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais