Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 7 de agosto de 2003, da Xunta Arbitral de Consumo da Xunta de Galicia, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 34021169.

De conformidade co establecido no artigo 21.2º da Ley 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, en relación co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia do laudo arbitral dictado o 18 de xuño de 2003.

O citado laudo foi dictado polo colexio arbitral designado pola Xunta Arbitral de Consumo da Xunta de Galicia o día 19 de febreiro de 2003.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante os servicios centrais do Instituto Galego de Consumo, con domicilio na praza de Europa, nº 10 A-2º (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

José María Pita Ponte

Secretario da Xunta Arbitral de Consumo

da Xunta de Galicia

ANEXO

Expediente arbitral: 34021169.

Interesado: RICSA, Sociedad Limitada Laboral.

CIF: B-15678642.

Acto notificado: laudo arbitral do 18 de xuño de 2003.