Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.463

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (154/2003).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos seguidos neste xulgado co número 154/2003, por instancia de Juan Carlos Picallo Chorén e Antonio Aldrey Pegito, contra a executada Covilco 2000, S.L., sobre cantidade, se dictou nesta data auto cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Decreta-la execución polos seus trámites legais correspondentes, derivada da sentencia firme dictada nestes autos, solicitada por Juan Carlos Picallo Chorén e Antonio Aldrey Pegito e, logo do rexistro no libro da súa clase co número 154/2003, requirir a Covilco 2000, S.L. para que satisfaga a cantidade de novecentos noventa e nove euros (999 euros), 499,50 para Juan Carlos Picallo Chorén e 499,50 para Antonio Aldrey Pegito, que se reclaman de principal, máis 99 euros que se calculan prudencialmente para xuros, gastos e custas e, de non o verificar no acto, requírase o executado ou os seus administradores ou representantes, de se tratar de persoas xuridicas ou grupos sen personalidade a que, no prazo máximo de cinco días contado desde a noti

ficación deste auto, de non ter aboado a cantidade total obxecto de constrinximento, por medio de ingreso na conta de consignacións deste xulgado, aberta co número 1596, clave 64, na entidade Banesto desta cidade, efectúe manifestación sobre os seus bens ou dereitos, coa precisión necesaria para garanti-las súas responsabilidades, debendo, así mesmo, indica-las persoas que posúan dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso, concreta-los extremos deste que poidan interesar á execución. Advírtase o interesado que, se deixa transcorrer inxustificadamente os prazos concedidos nos anteriores requirimentos sen efectua-lo ordenado e mentres non cumpra ou non acredite a imposibilidade de facelo, co fin de obter e asegura-lo cumprimento da obriga que se executa, poderase, logo de audiencia das partes, imporlle-lo aboamento de constrinximentos pecuniarios por cada día que se atrase na entrega das sumas de diñeiro obxecto de constrinximento ou no

cumprimento das obrigas legais que se lle impoñen nesta resolución xudicial. De non se efectua-lo aboamento nos prazos sinalados, procederase ó embargo dos bens e dereitos da súa propiedade ou titularidade en contía suficiente para cubri-las ditas sumas, servindo esta resolución de mandamento en forma para a comisión executiva.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso. Así o acorda, manda e asina o maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, Emilio Fernández de la Mata. Dou fe. Seguen sinaturas».

E para que sirva de notificación en forma á empresa executada Covilco, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido e así mesmo, para que teña lugar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, baixo a advertencia de que as seguintes notificacións se lle farán nos estrados deste xulgado (artigo 59 da LPL), expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

O secretario

Rubricado