Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.463

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (184/2002).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos seguidos neste xulgado co número de execución 184/2002, por instancia de José Andrés Filgueira Guerrero, contra a executada Fogar Gas, S.L., sobre despedimento,

se dictou nesta data auto cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En vista dos artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, S.S. acorda proceder á acumulación desta execución á que se tramita neste xulgado co número 114/2002, contra a mesma debedora Fogar Gas, S.L., ampliándose o embargo realizado na primeira ata a cantidade de 26.972,97 euros de principal e 2.698 que se calculan potencialmente para xuros e custas, e prosigan os sucesivos trámites executivos ata o total aboamento dos créditos polos que se segue esta execución. Fórmese para o efecto a correspondente peza separada para a súa unión á execución máis antiga número 114/2002, seguida neste mesmo xulgado. Unha vez firme esta resolución, procédase ó arquivo deste procedemento sen máis trámites, deixando nota nos libros correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así o acorda, manda e asina o maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, Emilio Fernández de la Mata. Dou fe. Seguen sinaturas».

E para que sirva de notificación en forma á empresa executada Fogar Gas, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, e así mesmo, para que teña lugar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia baixo a advertencia de que as seguintes notificacións se lle farán nos estrados deste xulgado (artigo 59 LPL), expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

O secretario

Rubricado