Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.462

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (252/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 252/2003, por instancia de María Teresa Barbeito Rodríguez contra a empresa Textil Donna, S.L., sobre despe

dimento, nos que recaeu sentencia con data 31-7-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por María Teresa Barbeito Rodríguez contra a empresa Textil Donna, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado a demandante con data do 23-2-2003, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento da cantidade de 99,48 euros en concepto de indemnización, e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata esta resolución que, o día de hoxe, ascenden a 3.702,40 euros.

Así, por esta mi sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta do Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.) co número 5605 0000 60 0252 03, a cantidade obxecto de condena. Podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta, 5605 0000 65 0252 03, e entrega-lo xustificante na secretaría o tempo de

interpoñe-lo recurso, que se declarará desasistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que conste a efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Textil Donna, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 31 de xullo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE

COMPOSTELA