Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.455

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da addenda ó convenio colectivo da empresa Naviera Mar de Ons, S.L.

Vista a addenda ó convenio colectivo da empresa Naviera Mar de Ons, S.L., con número de código 3603322, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-7-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 1-7-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Addenda ó convenio colectivo da empresa

Naviera Mar de Ons, S.L.

Artigo 1º.-Horas presenciais.

a) Liña regular:

Co fin de cubrir eventuais continxencias que poidan afecta-la seguridade ou operatividade de calquera dos buques adscritos ó servicio público de transporte de pasaxeiros na ría de Vigo, establécese un tempo de presencia para o persoal adscrito a estas liñas segundo o seguinte detalle:

Cada tripulante adscrito ás liñas Cangas-Vigo e Moaña-Vigo realizará, dentro de cada período de cómputo de xornada de 28 días previsto no artigo 20 do convenio colectivo e segundo unha cadencia de 4 semanas, oito horas presenciais realizadas nun mesmo día, dentro de calquera das xornadas previstas no citado artigo para os tripulantes. A distribución destas horas realizarase de forma equi

tativa entre os tripulantes e comunicaranse, incluídas na folla mensual de quendas, coa antelación prevista no convenio colectivo.

Estas horas serán retribuídas segundo o establecido no anexo, e distribuiranse equitativamente e de forma que non afecten os dous días libres establecidos para os tripulantes neste mesmo artigo, que se manterán en todo caso. Estas horas non se poderán realizar en sábado, domingo ou festivo.

Na xornada prevista para a realización deste tempo presencial, e nos labores propios da súa categoría profesional, a empresa poderá requirir destes tripulantes a súa incorporación ás tarefas habituais desta compañía, mesmo as previstas con cargo a estas horas presenciais, ata esgota-lo tempo presencial previsto neste punto, que pasará a ser computado como tempo efectivo de traballo, sen que neste caso teña que ser compensado pola realización dun número equivalente de horas presenciais en ningún prazo.

b) Liñas regulares de tempada (illas Cíes, illa de Ons):

Polo estacional e imprevisible da demanda destas liñas e a súa total dependencia das condicións meteorolóxicas, en previsión de eventuais ampliacións dos horarios fixos desta empresa, en días en que a demanda así o xustifique, nestas liñas poderanse establecer ata 2 horas de tempo presencial diario. Estas horas realizaranse dentro do tramo horario reservado por esta empresa para eventuais ampliacións do horario en días de bo tempo.

Estas horas serán retribuídas segundo o establecido no anexo.

Artigo 2º.-Xornada laboral.

Segundo o establecido no artigo 20 do convenio colectivo respecto á xornada laboral do persoal embarcado adscrito ás liñas Vigo-Cíes, Baiona-Cíes e Cangas-Cíes, acórdase:

En condicións de reducción de servicios por baixa demanda que así o xustifique, esta xornada poderá ser reducida por debaixo das 8 horas previstas no artigo 20 do convenio colectivo. Neste caso, pola diferencia entre a xornada realizada de forma efectiva e as 8 horas previstas neste artigo, aboaráselle ó tripulante un complemento de reducción de xornada equivalente a este diferencial de horas multiplicado polo importe da hora extra de cada categoría. Para efectos de computa-lo importe deste complemento, deduciranse as horas presenciais realizadas nesa xornada.

En Vigo, 1 de xullo de 2003, aproban e subscriben o texto que antecede.

-Pola representación da empresa:

José Nacimento Soto.

Rafael Bedia Ocejo.

-Pola representación dos traballadores:

Manuel González González.

Mª Ángeles García Fernández.

Amadeo Cuíñas Fontao.

Juan Balado Gómez.

Pedro Antepazo Paredes.

ANEXO

Táboa salarial horas presenciais

CategoríaHora presencial (A)

Piloto9,58

Patrón maior cabotaxe9,21

Patrón cabotaxe8,56

Mecánico de primeira8,74

Mecánico de segunda8,11

Patrón polivalente8,11

Mariñeiro6,96

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA