Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.456

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de setembro de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 11 de novembro de 2002.

Vista a Resolución do 30 de xullo de 2003 (DOG nº 151, do 6 de agosto), do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron o citado proceso selectivo, convocado pola Orde do 11 de novembro de 2002 (DOG nº 224, do 20 de novembro. Corrección de erros no DOG nº 228, do 26 de novembro de 2002) e, así mesmo, vista a Orde do 7 de agosto de 2003 (DOG nº 155, do 12 de agosto) pola que se eleva a definitiva a dita proposta, verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, nas bases da convocatoria e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios/as do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, de acordo coa puntuación final obtida, destinándoos/as ós postos de traballo que así mesmo se especifican e co carácter que nel consta.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, a partir da data da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Escala de letrados

Número: 1.

Apelidos e nome: Conde Castelo, Samuel.

DNI: 32836912-L.

Puntos: 95,6.

Posto de destino:

Código: SAS991000215001005.

Denominación: letrado asesor.

Centro destino: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: A Coruña.

Carácter: provisional.

Número: 2.

Apelidos e nome: Novo Castro, María Isabel.

DNI: 33329649-G.

Puntos: 88,8.

Posto de destino:

Código: SAS020000415770005.

Denominación: letrado asesor.

Centro destino: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Carácter: provisional.

Número: 3.

Apelidos e nome: Ruiz Cotelo, Paula.

DNI: 32822375-H.

Puntos: 82,91.

Posto de destino:

Código: SAS020000415770010.

Denominación: letrado asesor.

Centro destino: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Carácter: provisional.

Número: 4.

Apelidos e nome: Rodríguez Mújico, María del Carmen.

DNI: 33262293-S.

Puntos: 78,8.

Posto de destino:

Código: PRP391000027001002.

Denominación: letrado asesor.

Centro destino: Gabinete Xurídico Territorial.

Localidade: Lugo.

Carácter: provisional.