Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 10 de xullo de 2003 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúe o caudal remanente da herdanza intestada de Mª Carmen Jiménez Borja.

Antecedentes.

Por comunicación do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vilagarcía de Arousa iniciouse o expediente para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Mª Carmen Jiménez Borja, de acordo co disposto nos artigos 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mª Carmen Jiménez Borja, co derradeiro domicilio en Vilanova de Arousa, finou o 19 de xuño de 1996 sen ter outorgado testamento, datos que quedan acreditados no Rexistro Civil de Vilanova de Arousa e mediante certificación do Rexistro Xeral de Actos de Derradeiras Vontades.

Por auto de declaración de herdeiros 301/1997, de 18 de xaneiro de 1998 o Xulgado de Primeira Instancia número un de Vilagarcía de Arousa declarou vacante a súa herdanza adxudicando esta á Comunidade Autónoma de Galicia.

O 23 de novembro de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se daba publicidade á apertura do prazo de información pública do dito expediente, sendo con data do 11 de decembro de 2002, e no prazo previsto, cando o Concello de Vilanova de Arousa solicitou se-lo beneficiario dos bens relictos, comprometéndose a dedicalos a finalidades de asistencia social e benéficas.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Economía e Facenda pronunciouse de xeito favorable sobre o feito de destina-los bens da causante ó antedito concello nun informe do 17 de xullo de 2001.

Fundamentos xurídicos.

-Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia, artigos 153 e 154.

-Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Lei 3/1985, do 12 de abril do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

-Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento que executa a Lei 3/1985.

-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Código civil.

Adoptadas pola Secretaría Xeral e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, presentada a conta xeral de liquidación da

herdanza e feitas as correspondentes propostas de distribución do caudal hereditario,

RESOLVO:

Primeiro.-Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidaciuón da herdanza de Mª Carmen Jiménez Borja:

Bens e dereitosvalor

-Inmobilizado inmaterial

Concesión dun cinceiro no Cemiterio de

Pereiro, en Vigo:0 A.

-Tesourería:

Diñeiro en efectivo:937,56 A.

Banco de Galicia,

nº c/c 0097 8901 84 0702492798: 2.121,58 A

Total de bens e dereitos:3.059,14 A

No citado expediente non hai gastos imputables ó caudal hereditario, polo que os bens e dereitos coinciden co total líquido.

Segundo.-Tendo en conta:

* O caudal hereditario remanente líquido resultante: 3.059,14 A.

* A solicitude presentada en tempo e forma polo Concello de Vilanova de Arousa.

Adxudicar, en atención ó destino cultural ou asistencial a que están afectos estes bens hereditarios e á preferencia de radicación dos establecementos e institucións que poden ser beneficiarias e á solicitude presentada, a totalidade do caudal hereditario, composto pola cantidade de 3.059,14 A ó Concello de Vilanova de Arousa, único solicitante que o pediu en tempo e forma para dedicalo a finalidades de asistencia social e benéfica.

Se o ben adxudicado non se aplicase ó fin comprometido no prazo de dous anos, contado desde o momento da súa entrega, procederá á reversión dos ditos cartos á Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do Regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Terceiro.-Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra dela poderase interpoñer: recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación, perante este órgano administrativo de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben directamente recurso contecioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Adminsitrativo do Tribunal Superior de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado considere exercer calquera outro recurso que estime oportuno.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda