Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 10 de xullo de 2003 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúe o caudal remanente da herdanza intestada de José Dopico Cabarcos.

Antecedentes.

Por denuncia de Emilia Carmen Dopico Cabarcos, NIF nº 32504596-F, de data 14 de maio de 1996, iniciouse o expediente para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira legal de José Dopico Cabarcos, de acordo co disposto nos artigos 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

José Dopico Cabarcos, con NIF 32516998-N e derradeiro domicilio nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), finou o 23 de marzo de 1996 no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, sen ter outorgado testamento, datos que quedan acreditados no Rexistro Civil de Ferrol e mediante certificación do Rexistro Xeral de Actos de Derradeiras Vontades.

Por auto do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Ferrol do 20 de marzo de 1997, declarouse única e universal herdeira ab intestato do causante, José Dopico Cabarcos, á Comunidade Autónoma de Galicia na totalidade da súa herdanza, dereitos e obrigas.

Comunicada a resolución xudicial á denunciante (que solicitou premio), publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 5, do 10 de xaneiro de 2000 o anuncio do 10 de decembro de 1999 polo que se abría prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma, de José Dopico Cabarcos, veciño das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Con data 18 de xaneiro de 2000, o Concello das Pontes de García Rodríguez solicitou a entrega do importe do caudal hereditario do finado, para destinalo exclusivamente ós servicios sociais municipais en congruencia co disposto no artigo 153.2º da Lei 4/1995.

Fundamentos xurídicos.

-Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, artigos 153 e 154.

-Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

-Decreto 50/1989, do 9 marzo, polo que se aproba o Regulamento que executa a Lei 3/1985.

-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Código civil.

Adoptadas pola Secretaría Xeral e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, presentada a conta xeral de liquidación da herdanza e feitas as correspondentes propostas de distribución do caudal hereditario e de concesión de premios,

RESOLVO:

Primeiro.-Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidación da herdanza de José Dopico Cabarcos:

Bens e dereitos:

-Patrimonio mobiliario:

Elementos de transportevalor

Vehículo-turismo, marca: Peugeot, modelo:

205 SR, matrícula: C-6621-AD:0 A.

-Tesourería:

Bancos e institucións de crédito:

Caixa Galicia (sucursal As Pontes de García Rodríguez),

nº c.c. 2091-0230-24-3000063451:2.594,62 A.

Caixa Galicia (sucursal As Pontes de García Rodríguez),

nº c.c. 2091-0230-26-3010038886:1.189,79 A.

Caixa Galicia (sucursal As Pontes de García Rodríguez),

nº c.c. 2091-0230-20-3290001078:29,26 A.

Total bens e dereitos:3.813,67 A.

Obrigas e débedas:

-Impostos: Concello das Pontes de García Rodríguez,

imposto s/ vehículos de tracción mecánica:132,65 A.

Total obrigas e débedas:132,65 A.

Total líquido (bens e dereitos-

obrigas e débedas):3.681,02 A.

Segundo.-Tendo en conta:

* O caudal hereditario remanente líquido resultante: 3.681,02 A.

* As solicitudes presentadas sobre este patrimonio en tempo e forma, acorde cos fins: Concello das Pontes de García Rodríguez.

* Denuncias efectuadas sobre bens do causante: Emilia Carmen Dopico Cabarcos, bens denunciados, conta bancaria na entidade Caixa Galicia nº 2091-0230-24-3000063451, importe: 2.594,62 A.

* As obrigas e débedas pendentes: 132,65 A.

a) Adxudicar, en atención ó destino cultural ou asistencial a que están afectos estes bens hereditarios, á preferencia da radicación dos establecementos e institucións que poden ser beneficiarias e as solicitudes presentadas, o saldo global do caudal hereditario líquido remanente, logo de ter descontadas as obrigas e débedas pendentes e o premio á denunciante, consistente nun total de 3.430,56 euros, ó Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), único solicitante, institución pública radicada no derradeiro lugar de residencia do causante, que se compromete a destina-lo citado caudal hereditario a fins sociais municipais, que neste caso

obrigatoriamnete terán que ter carácter cultural ou asistencial.

Se o importe adxudicado non se aplicase ós fins comprometidos no prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, procederá a súa devolución por reversión á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do Regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

b) Conceder á única denunciante, Emilia Carmen Dopico Cabarcos, con NIF 32504596-F, o dereito a percibi-lo premio previsto no artigo 20 do Decreto 94/1999, cuantificado na cantidade de 250,44 euros, resultado de aplica-la porcentaxe regulamentaria do 10% á parte que proporcionalmente corresponda ós bens relacionados na súa denuncia (e efectivamente de titularidade do causante) do caudal líquido que se obtivese, 2.504,37 euros, resultante de descontar ó importe da conta bancaria denunciada, a parte proporcional do valor das obrigas e débedas que lle son imputables, 90,25 euros.

Terceiro.-Outorgar un valor de 0 A ó vehículo-turismo, marca: Peugeot, modelo: 205 SR, matrícula: C-6621-AD, que dado o seu estado de uso foi solicitada a súa baixa na Dirección Xeral de Tráfico durante a tramitación do expediente, de acordo coas potestades que o órgano de tramitación, a Secretaría Xeral e do Patrimonio, ten atribuídas no Decreto 94/1999 sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-Os custos de formalización e entrega dos bens da herdanza serán por conta dos beneficiarios-interesados neste procedemento. A Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Quinto.-Esta resolución pon fin a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer: recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación, perante este órgano administrativo de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado considere exercer calquera outro recurso que estime oportuno.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda