Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Federación Gallega de Empresarios de Gimnasios y Entidades del Ejercicio Físico.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 22 de xullo de 2003 certificación expedida pola secretaria da referida asociación, Mª Rocío Jarillo Domínguez, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo tomado na asemblea xeral extraordinaria, do 9 de maio de 2003, consistente

na modificación dos artigos 1, 4 f), 7, 10 e 30 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais