Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da contratación da asistencia técnica para a tramitación técnica e administrativa de expedientes de autorizacións e sancións de vertidos de augas residuais no ámbito das bacías hidrográficas de Galicia costa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria Xeral-Contratación.

c) Número de expediente: EC00303AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a tramitación técnica e administrativa de expedientes relativos ás autorizacións e sancións en materia de vertidos de augas residuais no ámbito das bacías hidrográficas de Galicia costa.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro (24).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: setecentos sesenta e sete mil dezanove euros con vinteseis céntimos (767.019,26 A).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: quince mil trescentos corenta euros con trinta e oito céntimos (15.340,38 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, 7-9.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, apartado a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, alíneas b), c) e e), da mesma lei.

9. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 14 de outubro de 2003.

e) Hora: 10.30 horas.

11. Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 7 de outubro de 2003, ás 10.30 horas, na sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente.

12. Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

14. Portal informático ou páxina web onde figuran informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter-los pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo Augas

de Galicia