Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Sistemas de Bronceado de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 22 de xullo de 2003 certificación expedida pola secretaria en funcións da referida asociación, Mª Rocío Jarillo Domínguez, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo tomado na asemblea xeral, do 8 de febreiro de 2003, consistente na modificación dos artigos 24 e 38 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais