Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/476-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza Dr. Carus 7-1º, 36000 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. avda. da Ponte.

Situación: concello da Illa de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada, a 20 kV con conductor R.H.Z., de 37 m de lonxitude, dobre circuíto, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Vao para alimentación ó C.T. que se proxecta, de 1.030 kVA (un trafo de 400 e outro de 630 kVA) R.T. 20 kV-380/220 V, situado na avda. da Ponte, Illa de Arousa. R.B.T. soterrada con orixe no C.T. proxectado, de 420 m de lonxitude e conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra