Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 16 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Faro 2875.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de

avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 16-6-2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Faro 2875, sita en terreos do termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra, promovido por Fomento de Áridos e Obras, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 29,47 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión de 5 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 25' 20'', 42º 25' 00'', 42º 24' 40'' norte, e polos meridianos 8º 35' 40'', 8º 35' 00'', 8º 34' 40'' oeste, e foi incorporado ó expediente da concesión Faro 2875, encontrándose a disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 18 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra