Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2003 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, departamento de Computación, a Berta Guijarro Berdiñas (praza 105/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 105/2001, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, departamento de Computación desta universidade, a favor de Berta Guijarro Berdiñas, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Berta Guijarro Berdiñas, profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, departamento de Computación desta universidade.

A Coruña, 1 de agosto de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña