De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 161/2001, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería hidráulica, departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade, a favor de José Gregorio Iglesias Rodríguez, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Gregorio Iglesias Rodríguez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería hidráulica, departa
mento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade.
A Coruña, 1 de agosto de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña