Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2003 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de química analítica, departamento de Química Analítica, a Purificación López Mahía (praza 086/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 086/2001, de catedrático de universidade da área de coñecemento de química analítica, departamento de Química Analítica desta universidade, a favor de Purificación López Mahía, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Purificación López Mahía, catedrática de universidade da área de coñecemento

de química analítica, departamento de Química Analítica desta universidade.

A Coruña, 1 de agosto de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña