Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de arrendamentos con opción de compra, polo procedemento aberto, para o arrendamento de ordenadores persoais e impresoras láser para este complexo hospitalario. (Ref. C. 195/2003).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta semisoto do Hotel de Doentes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de arrendamento con opción de compra.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades): CNPA 71331200.

Arrendamento de ordenadores persoais e impresoras láser para o Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Ref.: C. 195/2003.

Orzamento total: 970.000 A

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: dous lotes.

Lote nº 1: Ordenadores persoais.

Lote nº 2: Impresoras láser.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza, (Planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 26 de setembro de 2003.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obter estes documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 4 de outubro de 2003.

b) Enderezo ó que deben enviarse: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, planta baixa do Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) A data, a hora e o lugar da dita apertura: sala de xuntas de Xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta Baixa do Hotel de Doentes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10.00 horas do undécimo día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 15 de outubro de 2003.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do importe de adxudicación do lote ou lotes adxudicados.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: mediante pagamentos periódicos mensuais, resultantes de ratea-lo prezo total do contrato entre a duración establecida.

10. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

17. Data de envío do anuncio: 13 de agosto de 2003.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

En A Coruña, 6 de agosto de 2003.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo

Oza da Coruña