Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifican os requirimentos de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal nos últimos domicilios coñecidos dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Examinada a documentación complementaria presentada por vostede, ó abeiro do Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño, observouse a existencia de deficiencias que deberá emendar no prazo de 10 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación, de conformidade co artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, achegando os documentos que se relacionan no anexo.

De non darlle cumprimento ó requirido no prazo indicado, terase por desistido da súa petición».

Pontevedra, 4 de agosto de 2003.

Federico del Campo Navarro

Xefe accidental da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-G-0219/02.

Interesado: Laureano Duarte Dorrego.

Último enderezo coñecido: rúa Luis Otero, s/n, edif. Campus III, ptal. 1, ático C (Pontevedra).

Intentos de notificación persoal: o 11-6-2003 ás 11.20 h.

Documentación requirida:-Certificado de non ter débedas da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro da Xunta de Galicia de Laureano Duarte Dorrego.

Expediente: 36-G-0415/01.

Interesado: José Manuel Castro Graña.

Último enderezo coñecido: rúa José Franco Montes, blq. 7, 1º A (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 4-7-2003.

Documentación requirida a nome de José Manuel Castro Graña:-Certificado de non ter débedas da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro da Xunta de Galicia.

-Certificado de non ter débedas da Tesourería da Seguridade Social.-Certificado de non ter débedas da Axencia Estatal de Administración Tributaria.