Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de arquivo en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Transcorrido o prazo de 15 días hábiles desde a súa publicación no DOG en data 17 de marzo do ano en que andamos, para a emenda das deficiencias observadas na solicitude de adquisición protexida doutras vivendas xa existentes, considérase que desistiu da petición polo que se procede, ó abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de maio, ó arquivo do expediente.

Motivos do arquivo:

-Non achega-la documentación requirida dentro do prazo concedido.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Pontevedra, 28 de abril de 2003. José Manuel González Álvarez. Delegado provincial de Pontevedra».

Pontevedra, 4 de agosto de 2003.

Federico del Campo Navarro

Xefe accidental da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-U-0054/02.

Interesada: Inés Rodríguez Vázquez.

Último enderezo coñecido: rúa Aragón, nº 221, 3º C (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 8-5-2003 ás 10.50 h.

Expediente: 36-U-0140/02.

Interesada: Esther Vázquez Padín.

Último enderezo coñecido: rúa San Roque, nº 9, 4º B (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 9-5-2003 ás 12.35 h.