Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de xullo de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-82/030, conta 112 e un máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para se poren ó día das súas obrigas ou compareceren na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 23 de xullo de 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Félix G. Correa Ramos e herdeiros.

Expediente C-82/030 (F.P. 33/03).

Conta: 112.

R/ Rafael Alberti 5, 1º A (A Coruña).

Importe da débeda: 5.488,32 euros.

Luis A. Sabio Ceballos e herdeiros de Mª Luisa Ceballos Bello.

Expediente C-136-CD/63 (F.P. 41/03).

Conta: 1385.

R/ Pensamientos, bloque 42, P-14, 6º esq. Barrio de las Flores (A Coruña).

Importe da débeda: 160,36 euros.