Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de xullo de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións emitidas polo delegado provincial de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-85/120, conta 45).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, do Real decreto 2960/1968, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo nº de expediente e conta) que a seguir se relacionan as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, se procederá ó lanzamento da vivenda por un funcionario nomeado para o efecto e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, Autonómicas ou Locais.

Advírtese ós interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, coa recarga do 10%, así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato suporá a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 23 de xullo de 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Jesús Castro González e herdeiros.

Expediente C-85/120 (F.P. 28/03).

Conta: 45.

Ronda de Nelle nº 28, P-3, 9º D (A Coruña).

Importe da débeda: 7.611,78 euros.