Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 30-6-2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela número 2 (avda. Ramón Ferreiro-rúa Salvador de Madariaga) da unidade actuación CS número 6, do PXOU vixente, promovido por Promociones Seminario Mayor, S.L.

O acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle foille comuncado á CPTOPV da Xunta de Galicia con data do 29-7-2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 29 de xullo de 2003.

Mª Concepción Burgo López

Alcaldesa accidental