Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación do servicio de dietética nas cociñas do CHUS, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 43/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez formalizados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: 43/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de dietética nas cociñas do CHUS.

b) División por lotes e número: lote único.

c) Lugar de execución: cociñas do CHUS.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 301.691,04 A (trescentos un mil seiscentos noventa e un euros con catro céntimos), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 6.033,82 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela). Servicio de Contratación Administrativa.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 95 02 60.

e) Telefax: 981 95 09 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categoría): M-6-B; III-8-B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 36 días a partir do envío do anuncio. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte. 19 de setembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 29 de setembro de 2003.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: ver pregos.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso): 14 de agosto de 2003.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: http://www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

Cristóbal Galbán Rodríguez

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela