Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia, do 13 de maio de 2003, acordouse a aprobación inicial do Plan parcial de ordenación do sector PP-1-R. O Bertón e somete-lo expediente a información pública nas condicións establecidas no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, con notificación individual a tódolos propietarios dos terreos afectados.

Ó se ignora-lo domicilio dos propietarios das parcelas con referencia catastral nº 134152, 134191, 134194, 134197, 134209, 134210, 134219, 13476, 13477, 13478, 13443, 13449, 13494, 13493, 13490, 134106, 134084, 134109, 134110, 134124, 134123, 134148, 134122, 134111, e os predios con referencia segundo o Plan parcial nº 19, 175, 180, 181, 182, 183, 184, 139, notifícaselles, conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes segundo o artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 30 de xullo de 2003.

Juan Juncal Rodríguez

Alcalde