Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de tubos e sondas para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 49/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez formalizados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: 49/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de tubos e sondas.

b) Número de unidades para entregar: ver pregos.

c) División por lotes e número: ver pregos.

d) Lugar de entrega: almacén de subministracións.

e) Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 1.320.354,23 A (un millón trescentos vinte mil trescentos cincuenta e catro euros con vintetrés céntimos), IVE incluído.

5. Garantía provisional: ver pregos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela) Servicio de Contratación Administrativa.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela).

d) Teléfono: 981 95 02 60.

e) Telefax: 981 95 09 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 36 días a partir do envío do anuncio. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte. 19 de setembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses, desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 30 de setembro de 2003.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: ver pregos.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso): 14 de agosto de 2003.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: http://www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

Cristóbal Galbán Rodríguez

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela