Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de xuño de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Cornuda e outros, da parroquia de San Vicente do concello do Grove.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes.

Presidente.

José A. López Rodríguez.

(Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais.

Mª Luisa Pardavila Pazos.

(Avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutierrez.

(Xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Luis Mª Muíños Vidueira.

(Letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).

Vocais representantes da parroquia de San Vicente do Concello do Grove.

Manuel Ochoa Pérez.

Servando Castro Iglesias.

Secretaria.

Pilar Pita Ponte.

(Xefa de sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vintecinco de xuño de 2003, coa asistencia das persoas ó marxe indicadas, reúnese no 3ª andar do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes Cornuda e outros da parroquia de San Vicente do concello do Grove.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data de entrada 21 de setembro de 1998, Calixto Escariz Vázquez, en representación da CMVMC de San Vicente, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación dos montes denominados Cornuda e outros como veciñal en man común para os veciños da parroquia de San Vicente,

xuntando informe técnico, así como diversa documentación, describindo o monte, identificación, superficie, ocupacións e estremas.

Segundo.-Con data do 28 de setembro de 1998 solícitase ó Servicio de Montes e Industrias Forestais informe previo, informe que é emitido o día 5-7-2000, e nel indícase que:

-Se presentan para a súa clasificación 23 parcelas, das cales 14 formaron parte dun expediente anterior que quedou resolto por Resolución do 12 de xullo de 1993 do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra (DOG nº 188, do 29 de setembro), clasificación da que quedaron excluídas.

Terceiro.-Na reunión celebrada polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común o día 3 de abril de 2002 acordouse, á vista do informe elaborado polo Servicio de Montes e Industrias Forestais e da solicitude formulada e documentación achegada, incoa-lo expediente para a súa clasificación das parcelas: 1, 4, 5, 15, 16, 17 e 23 denominadas respectivamente Cornuda, Cavernales I, Cavernales II, Punta Malladoira, Xan de Outeiro, Con de Coazo e Costa II, e nomear instructor Luis Mª Muíños Vidueira.

Cuarto.-De conformidade co establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992 solicítase informe preceptivo do Servicio de Montes e Industrias Forestais, que é remitido ó Xurado con data do 17 de xullo de 2002, no que se describen os montes da seguinte maneira:

Concello: O Grove.

Parroquia: San Vicente.

Parcela nº 1 Cornuda. Superficie alegada na solicitude 3.000 m.

Estado forestal: abundantes afloramentos rochosos, algúns exemplares adultos e rexeneración de Pinus pinaster.

Estremas: tódolos ventos: leiras particulares.

Parcela nº 4 Cavernales I. Superficie alegada na solicitude 13.857 m.

Estado forestal: monte arborizado de Pinus pinaster con distintas idades.

Estremas:

N, E e O: leiras particulares e leiras particulares, valado por medio.

S: estrada do Grove a S. Vicente, leiras particulares, valado por medio e leiras particulares.

Colindantes:

N: Flora Pérez Pérez, hdros. de Eduardo Vidal e outros.

E: Manuel Otero Pérez.

S: hdros. de Manuel Lijó, Carmen Vidal Piñeiro e outros.

O: hdros. de Dolores Álvarez, José Meis García.

Parcela nº 5 Cavernales II. Superficie alegada na solicitude 500 m.

Estado forestal: Raso.

Estremas:

N: estrada O Grove-S. Vicente.

E, S y O: leiras particulares.

Parcela nº 15 Punta Malladoira. Superficie alegada na solicitude 6.000 m.

Estado forestal: abundantes afloramentos rochosos, mato.

Estremas:

N e O: zona marítimo-terrestre.

S e E: leiras particulares.

Parcela nº 16 Xan de Outeiro. Superficie alegada na solicitude 10.000 m.

Estado forestal: aliñación de Pinus pinaster á beira da praia.

Estremas:

N e O: zona marítimo-terrestre.

E e S: leiras particulares.

Parcela nº 17 Con de Coazo. Superficie alegada na solicitude 10.000 m.

Estado forestal: mato baixo con abundantes afloramentos rochosos.

Estremas:

N e E: leiras particulares.

S e O: zona marítimo-terrestre.

Parcela nº 23 Costa II. Superficie alegada na solicitude 20 m.

Estado forestal: ermo, sobrante de camiño na encrucillada de camiño con estrada, ocupado por entulleira.

Estremas:

N e E: leiras particulares.

S: camiño.

O: estrada O Grove-S. Vicente.

Quinto.-O rexistrador da Propiedade de Cambados certifica con data 1 de agosto de 2002 que os montes solicitados non aparecen inscritos a favor de persoa ningunha.

Sexto.-Con data 9 de setembro de 2002 o presidente do Xurado acordou abri-lo período de audiencia cun prazo dun mes. Data de saída 23 de setembro de 2002 e publicado no DOG con data 29 de outubro de 2002.

Sétimo.-No período de audiencia presentáronse as seguintes alegacións:

a) O Concello do Grove alegou:

-Que as parcelas nº 4 e 5 Cavernales I e Cavernales II son do concello de dominio público, que é un resto de camiño.

-Que a parcela nº 15 Punta Malladoira, na súa estrema sur, ten que ser camiño.

-Que a parcela nº 16 Xan de Outeiro, ó oeste estrema con zona marítimo-terrestre. Ademais tanto esta leira como Punta Malladoira son de dominio público marítimo-terrestre e non teñen aproveitamento comunal de ningún tipo porque non son suceptibles de se-lo, ademais dan servicio á praia de aparcadoiro.

-Que a parcela nº 17 Con de Coazo, se trata de dominio público marítimo-terrestre e, de producirse a clasificación como veciñal en man común, ó estremar con leiras de particulares, quedarían sen acceso.

b) José Luis Ochoa Meis alegou:

-Que é propietario por herdanza de seu pai dunha parcela denominada Campos de Lampáns e Cavernales, cunha superficie de 18 áreas e 86 centiáreas; que se atopa sobre a denominada Cavernales I.

c) Pilar Goberna Gondar alegou:

-Que, en caso de que a parcela Cavernales I se declare como monte veciñal en man común, declárese que hai un valado de pedra interposto que deslinda de leiras particulares polo sur da de man común, entre as que se atopa a dela.

d) Pablo Ochoa Meis alegou:

-Que é propietario por herdanza de seu pai dunha parcela denominada Campos de Lampáns e Cavernales, cunha superficie de 18 áreas e 86 centiáreas; que se atopa sobre a denominada Cavernales I.

e) José A. Ochoa Gondar alegou:

Que é propietario en compañía de seus irmáns, por herdanza de seu pai, dunha parcela denominada Campos de Lampáns e Cavernales, cunha superficie de 18 áreas e 86 centiáreas; que se atopa sobre a denominada Cavernales I.

f) Mª Luisa Castro García alegou:

-Que con relación á parcela nº 4 Cavernales I está en desacordo coa comunidade de montes en canto as estremas desa parcela.

g) Francisco Fuentes Castro alegou:

-Que con relación á parcela nº 4 Cavernales I está en desacordo coa comunidade de montes en canto ás estremas desa parcela.

h) O Servicio Provincial de Costas do Ministerio de Medio Ambiente alegou:

-Que as parcelas denominadas Con de Coazo, Punta Malladoira e Xan de Outeiro se atopan afectadas polo dominio público marítimo-terrestre.

i) Mª Luisa Castro García, Francisco Fuentes Castro e Carmen Pérez Álvarez alegaron:

-Que, con relación á parcela nº 4 Cavernales I, nunca existiu nin existe ningún terreo comunal ou baldío, e que se destime a clasificación da men

cionada parcela e se estimen e acepten as estremas reais que aparecen nos documentos dos donos destes montes desde tempo inmemorial.

j) José Manuel de la Torre Saavedra alegou:

-Que é propietario dunha leira no lugar de Balea, e que se atopa inscrita no Rexistro da Propiedade de Cambados e solicita a non clasificación da parcela denominada Regueira e Gándara.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, expedientes que se iniciarán, de conformidade co establecido no artigo 19 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o Regulamento da Lei 13/1989, por instancia, entre outros, de calquera veciño ou grupo de veciños, circunstancia que concorre no solicitante.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posiblidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-O uso en man común da parcela Cornuda tense acreditado suficientemente polos informes do Servicio de Montes e Industrias Forestais, de datas 5-7-2000 e 17-7-2002 e pola documentación achegada pola comunidade solicitante.

En canto á parcela Cavernales I, suscítanse dúbidas sobre o seu aproveitamento, á vista das numerosas alegacións de particulares e mesmo as do concello do Grove e á vista do informe do Servicio de Montes e Industrias Forestais.

Cuarto.-Non poden terse en consideración as manifestacións de José Luis Ochoa Meis, Pilar Goberna Gondar, Pablo Ochoa Meis, José A. Ochoa Gondar, Mª Luisa Castro García, Francisco Fuentes Castro e Carmen Pérez Álvarez, porque non se sustentan

en ninguna clase de proba documental, nin fornecen ningunha outra en contra do uso comunal e no certificado emitido polo Rexistro da Propiedade de Cambados en data 1 de agosto de 2002, non consta ningún titular.

Quinto.-En canto as alegacións de José Manuel de la Torre Saavedra, tampouco se poden tomar en consideración, xa que a parcela en cuestión, denominada Regueira-Gándara quedou fóra da incoación do expediente.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o instructor propón e de maneira unánime o Xurado.

ACORDA:

Non clasifica-las parcelas denominadas Cavernales II, Costa II, Punta Malladoira, Con de Coazo e Xan de Outeiro, polos seguintes motivos:

Monte Cavernales II, de 500 m, constituída por un terreo raso que, xunto coa súa reducida superficie, non é viable para ser clasificada como veciñal en man común.

Monte Costa II, de 20 m, non é máis que unha cha á beira dunha encrucillada de camiños, tratándose pois dun terreo sobrante dunha vía que en modo ningún pode gozar da consideración e do aproveitamento como veciñal en man común.

Monte Punta Malladoira de 6.000 m, monte Con de Coazo de 10.000 m e monte Xan de Outeiro de 10.000 m, por acháranse afectadas polo dominio público marítimo-terrestre.

Clasifica-la parcela denominada Cornuda a favor da comunidade de montes veciñais en man común de San Vicente do Grove, coa descrición reflectida no feito cuarto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable desta resolución.

En canto á parcela denominada Cavernales I, suspéndese a toma de acordo sobre a dita parcela á vista das dúbidas suscitadas sobre o seu uso, quedando pendente a resolución do expediente neste punto á realización dun estudio máis minucioso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 15 de xullo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra