Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Cachada.
Situación: concello do Rosal.
Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 740 m de lonxitude, con orixe no apoio tipo 2-1B/10, desde o que se realiza a conexión ó C.T. Marzán e remate no C.T. que se proxecta, de 160 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado na Cachada, no concello do Rosal. Dúas R.B.T., unha aérea de 1.430 m de lonxitude e outra soterrada de 75 m, ambas con orixe no C.T. da Cachada.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 21 de xullo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra