Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 1 de agosto de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, dictada no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade 64.1/01, a Manuel Tilve Morgade por realización de obras na praia de Loira, termo municipal de Marín, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada, dictada polo conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, interposto contra resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, entón competente en materia de costas, pola que se lle impuxo unha sanción consistente en multa de mil catrocentos noventa e catro euros con sesenta e un céntimos (1.494,61 A) e se lle ordenou repoñe-los terreos nos que se executaron as obras obxecto do expediente ó seu primitivo estado.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados

a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto polo artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de agosto de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 64.1/01.

Expedientado: Manuel Tilve Morgade.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: praia de Loira, nº 80, Marín.

Data da resolución: 12-2-2003.

Feitos: construcción dun valado de pedra e levantamento de paredes de ladrillo con colocación de uralita sobre unha ampliación de vivenda.

Lugar: praia de Loira.

Concello: Marín.

Resolución: esta consellería resolve admiti-lo recurso de alzada interposto en data 22-6-2001 por Manuel Tilve Morgade contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra do día 18-5-2001 e desestimalo, confirmando a resolución impugnada.

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO