Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/485-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Paraíso.

Situación: concello de Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 848 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S., entre o C.D. de San Pedro e o C.T. Ximeu, e remate no mesmo punto de orixe. C.T. de 250 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado na rúa Paraíso de Cangas. Tres R.B.T., unha soterrada de 50 m de lonxitude con orixe no C.T. proxectado e dúas aéreas de 40 e 575 m de lonxitude e orixe na L.M.T.S. ó C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra