Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/90-2, 6076 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: regulador de tensión na L.M.T. Nete de subestación Vilalba no lg. Gaibor.

Situación: Begonte.

Descricións técnicas: substitúese un apoio na L.M.T. existente Nete da subestación de Vilalba, concretamente o anterior á derivación de Gaibor, no cal se instalará un regulador de tensión VR-32 para mante-la tensión entre uns parámetros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo