Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/88-2, 6066 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1

de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Outeiro de Rei.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 2 m entronca no apoio nº 2 da L.M.T. existente ó C.T.C. existente Outeiro de Rei e finaliza no C.T. en edificio prefabricado proxectado en Outeiro de Rei.

C.T. en edificio prefabricado, proxectado para unha potencia de 630 kVA e cunha potencia inicial de 160 kVA, denominado C.T. Outeiro de Rei.

R.B.T.S. unha soterrada en conductor R.V. 240 de 7 m de lonxitude e outra aérea realizada en conductor R.Z. 95 e R.Z. 50 cunha lonxitude de 946 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo