Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/86-2, 6052 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Tolda Coruña.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 505 m consta de 2 tramos, o primeiro parte do C.T. Forestal I e finaliza no C.T. proxectado Tolda Coruña e o segundo parte do C.T. Tolda Coruña e remata no C.T. Lámparas Miño.

C.T. en edificio prefabricado cunha potencia proxectada de 630 kV e unha potencia inicial de 250 kVA.

R.B.T. aérea en conductor R.Z. 95 e R.Z. 50 tensado sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 820 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo