Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/85-2, 6061 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma C.T. Militares.

Situación: Rábade e Begonte.

Descricións técnicas: a L.M.T. aérea dirección C.T. Composán, L.M.T. aérea dirección C.T. San Vicente e o tramo L.M.T. soterrada dirección C.T. inoxidables, terán a súa orixe no apoio proxectado en substitución do C.T.C. Militares, cunhas lonxitudes de 60, 110 e 7 m, en conductores LA-30 as L.M.T. aéreas e R.H.Z. 150 para as soterradas.

R.B.T.S realizadas en conductor tipo R.Z. 95 e R.Z. 50, tensados sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 1.650 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo