Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/91-2, 6077 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Paderne.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea con orixe en L.M.T. Castro Ribeiras de Learozas e final en C.T. Paderne cunha lonxitude de 108 m e 20 kV de tensión nominal.

C.T. tipo intemperie cunha potencia de 50 kVA.

R.B.T. aérea de Paderne con orixe en C.T. Paderne e unha lonxitude de 1.660 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo