Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 31 de xullo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica ós interesados os requirimentos de pagamento acordados no expediente de desafiuzamento administrativo (DO-006/03 e dous máis).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentadas as notificacións persoais no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na que se lles dará coñecemento do contido íntegro dos actos que se lles notifican.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, núm: 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de xullo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial

ANEXO

-Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-006/03).

Cta.: 32.

Nome: Manuel González Moreira.

Enderezo: Grupo Sindical San Rafael, 32, 6º, Pereira, Mos, Pontevedra.

Non pagar débeda: 117,25 A.

-Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-010/03).

Cta.: 46.

Nome: Antonia Tomé Rey.

Enderezo: Grupo Sindical San Rafael, 46, Pereira, Mos, Pontevedra.

Non pagar débeda: 50,70 A.

-Expediente: PO-801 (expte. desaf.: DO-014/03).

Cta.: 87.

Nome: Carolina Pintos Carpintero.

Enderezo: Grupo Sindical San Rafael, 87, Pereira, Mos, Pontevedra.

Non pagar débeda: 248,78 A.