Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 31 de xullo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica ó interesado o requirimento de pagamento acordado no expediente de desafiuzamento administrativo DO-013/03.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, núm: 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de xullo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: PO-1702 (expte. desaf.: DO-013/03).

Cta.: 24.

Nome: Antonio Mascato Galiñanes.

Enderezo: r/ Virxe das Mareas, 60, O Grove, Pontevedra.

Non pagar débeda: 62,22 A.