Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 31 de xullo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Mª Otilia Piñeiro Rodríguez o acordo de inicio do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título (expediente administrativo DT-004/03).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratico común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, núm: 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de xullo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/060 (expte. sancionador núm: DT-004/03).

Cta.: 7.

Nome: Mª Otilia Piñeiro Rodríguez.

Enderezo: r/ Bélxica, núm: 1, blq 1, 1º B en Monteporreiro, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título contra José Ramón Cochón González e Mª Otilia Piñeiro Rodríguez.

Recursos: contra o citado acordo de inicio, que non é susceptible de recurso, concédeselle un prazo de quince días á interesada para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes.