Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 9/2003 a María Elena Rodríguez Penín.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 9/2003, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra María Elena Rodríguez Penín, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

«Resolución do expediente sancionador 9/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/100, conta 86, adxudicada a María Elena Rodríguez Penín, rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 13-3º C de Lugo, e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data 13 de decembro de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1711/2002.

2. Con data 9 de xaneiro de 2003 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento do adxudicatario solicitado ó Concello de Lugo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa BEGASA.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado ó Concello de Lugo.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data 31 de xaneiro de 2003, certificado do Concello de Lugo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrita a titular na vivenda enriba referenciada.

-Con data 20 de xaneiro de 2003 certificación do consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando as lecturas bimestrais do contador que o consumo durante os últimos meses é moi baixo.

4. O artigo 5º, punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen

causa xustificada durante un prazo superior a tres meses» constitúe unha infracción grave.

5. Que con data 6 de maio de 2003 se dictou proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a María Elena Rodríguez Penín dunha sanción de 601,02 euros de multa, notificada á denunciada mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 118, do 19 de xuño de 2003. Concedido o prazo de 15 días para presentar alegacións, a denunciada non fixo uso deste dereito.

Feito probado.

Determínase así, como feito probado, que María Elena Rodríguez Penín incumpriu a obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 o que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena

industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñer a María Elena Rodríguez Penín unha sanción de 601,02 euros de multa.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 15 de xullo de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo