Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/276).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T Coirós de Abaixo.

Situación: Coirós.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea a 15/20 kV , cunha lonxitude de 0,821 km, coa orixe na L.M.T. a C.T. Lesa (expte. 27396) e final no C.T. proxectado Coirós de Abaixo, cunha potencia de 50 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión cunha lonxitude de 0,145 km, coa orixe no C.T. proxectado Coirós de Abaixo, conductor tipo R.Z., e apoios de formigón, no termo municipal de Coirós.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE n 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Os propietarios dos predios nº 5, nº 12 e nº 19, María Elisa Tomé González, José Fuentes Docampo e Antonio Sánchez Fraga, respectivamente, alegan

que se trata de resucitar un expediente de máis de cinco anos, que desde o punto de vista administrativo está caducado e polo tanto se debería de comezar de novo, que a documentación está obsoleta e habería que adaptala á lexislación vixente, que non existe identificación catastral do predio, artigo nº 17 da Lei de expropiación forzosa. Que a traza pasa polo centro do predio, que non cumpre coa obriga legal de que a expropiación terá que facerse polo punto menos gravoso para a propiedade. Solicitan que sexa denegada a declaración de utilidade pública, por non ser conforme a lexislación vixente e por non ter en conta que a afección de bens que se van ocupar ten que se-lo menos gravosa posible. O propietario do predio nº 19 alega ademais, que o predio está calificado como prado, cando urbanísticamente debe ser considerada como solo rústico apto para urbanizar no plan xeral de Coirós e que a propiedade está afectada actualmente por unha R.B.T., cun trazado case igual á que se pretende.

O cal sería máis lóxico e menos gravoso, o que se utilizase o trazado da dita liña para as dúas conduccións.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que o expediente iniciou a súa tramitación o 1 de xuño de 1998, con data do 3 de xuño de 1999, emitiuse informe técnico no cal se recollían certas deficiencias detectadas no proxecto (liña de cable forrado), Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou o proxecto tipo de Liñas Eléctricas Aéreas Forradas, ata 20 kV, o cal foi aprobado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 28 de maio de 2002. Que á vista da aprobación, a empresa solicita á dirección xeral a confirmación dos trámites regulamentarios mediante escrito de data 12 de setembro de 2002. Que non se encontra a razón pola cal a documentación do expediente sexa absoleta. Neste sentido o Concello de Coirós emitiu informe sobre a obra indicando que di: «Non existe inconveniente ningún nin oposición á declaración de utilidade pública». Que a empresa presenta a rede de baixa tensión de Coirós de abaixo para a tramitación regulamentaria do expediente sen que resulte obrigatorio a inclusión

na dita relación dos datos catastrais. Que dada a configuración parcelaria da zona, foi imposible proxectar un trazado que siga as lindes de tódolos predios afectados. Que a traza se elixiu tendo en conta o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, R.T.E.L.A.T. e en especial o seu artigo nº 4.

Que a clasificación do solo a poderá facer valer á hora da determinación do prezo xusto, presentando folla de aprecio e valorando os prexuízos que lle ocasione a dita instalación. Que non é posible a construcción dunha liña eléctrica das características da proxectada aproveitando a conducción da liña da baixa tensión.

O propietario do predio nº 7, Carlos Riva García alegou que existen alternativas máis ecolóxicas e con menor impacto ambiental nas zonas verdes (conduccións subterráneas ou por terreos de titularidade pública, autovía). Que o predio perderá a súa pro

ductividade periódica, no crecemento de madeireiras.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que a traza se elixiu tendo en conta o Decreto 3151/1968, so 28 de novembro, R.T.E.L.A.T e en especial o seu artigo nº 4. Que a traza intenta axustarse ós lindeiros, proxectándose tódolos apoios que foi posible, nas medianas dos predios, que no predio nº 7 a zona afectada pola servidume se localiza ó longo do lindeiro leste desta. Respecto á perda de rendemento, cando chegue o momento, o titular do predio poderá presentar folla de aprecio, na cal expoña tódalas condicións ou circunstancias que supoñan motivo de indemnización, co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación as teña en consideración á hora da determinación do citado xustiprezo.

A propietaria do predio nº 10, Elena Fraga Vázquez, alega que está en desacordo porque a liña pasa por unha zona forestal na cal van a ser cortadas árbores plantadas hai 4 anos. Alega ademais, que, por tratarse dunha expropiación forzosa, non pode dicir cal é o valor material e sentimental da parcela.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que non foi posible proxecta-la instalación evitando afectar a zonas nas que exista arboredo. Que o trámite de determinación do xustiprezo poderá presentar a súa folla de aprecio, a fin de que o Xurado Provincial de Expropiación, a teña en consideración á hora da determinación do citado xustiprezo.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade publica, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos efectos e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 15 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña