Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/112).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Erminde.

Situación: Abegondo.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea núa a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,41 km, coa orixe na L.M.T.A., C.R. Cesuras, entre C.T. Sarandóns (expediente 27332) e C.T. Figueroa (expediente 50149), conductor tipo LA 56/54,6 mm, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.

Liña de baixa tensión aérea, coa orixe no C.T. proxectado, de 0,13 km de lonxitude, con conductor R.Z. e apoios de formigón. Concello de Abegondo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a

partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 14 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña