Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/207).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Fraga.

Situación: Toques.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 445 m, coa orixe no apoio nº 11 da L.M.T. ó C.T. San Xiao (expediente 137/2000) e final no C.T. A Fraga, conductor tipo sección LA-56/54,6.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 25 kVA, e unha relación de transformación 15/0,380-0,220 kV.

Liña aérea de baixa tensión, coa orixe no C.T. A Fraga. No termo municipal de Toques.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 207/2003 Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. A FragaTermo municipal: Toques

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

1FervencedoMonte altoLuis Quintela VázquezSan Xulián-Pquia. 1

San Xulián

15806 Toques, Sada

60960