Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fan públicas as adxudicacións de contratos de obras.

En cumprimento do previsto no artigo 93 do R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos das obras que a continuación se relacionan:

-Remodelación de talleres e obras varias no IES Daviña Rei de Monforte de Lemos (Lugo).

Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

Importe: 145.745,25 euros.

-Dotación de ascensor no IES Porta da Auga e obras varias no IES Nº 1 de Ribadeo (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Jesús Naray, S.L.

Importe: 46.899 euros.

-Adecuación e reforma no IES O Perdouro de Burela (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Jesús Naray, S.L.

Importe: 120.149 euros.

-Cerramento de pista polideportiva no CEIP Illa Verde e construcción de porche cuberto no CEI Fingoi II de Lugo.

Adxudicatario: Oreco, S.A.

Importe: 47.125,58 euros.

-Mellora de espacios cubertos no CEIP de Quiroga e no CEIP Novo de Monforte de Lemos (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Importe: 104.808,14 euros.

Lugo, 22 de xullo de 2003.

Jaime Santoalla Varela

Delegado provincial de Lugo