Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 4 de abril de 2003, de revogación das axudas pola contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo FM343G 2001/979-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 343G 2001/979-5.

Orde da convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Interesado: Xeito Asesoramiento Integral, S.L.

Enderezo: Benito Corbal 58, 4º F, 36001 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 4 de abril de 2003, ó abeiro da Orde do 27 de abril de 2001.

«Resolución:

Examinado o plan empresarial de incremento da estabilidade laboral, presentado por Jacobo Martín Vizán, en nome e representación de Xeito Asesoramiento Integral, S.L. (no seu propio nome), e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-O plan foi presentado o 14 de agosto de 2001 e estimado na Resolución do 19 de noviembre de 2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 6.010,12 A pola contratación indefinida dun traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non ten pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración complementaria da establecida no artigo 9.4º da orde de convocatoria, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públi

cas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións.

-Declaración da condición de PEME.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 da Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2001 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-O artigo 17 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 19 de noviembre de 2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda pola contratación indefinida dun traballador, por un importe total de 6.010,12 A.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 4 de abril de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 18 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra