Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Carniceros de la Provincia de Pontevedra (Carnigalicia).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Carniceros del a Provincia de Pontevedra (Carnigalicia), que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: provincia de Pontevedra.

Profesional: a promoción, defensa, asesoramento, xestión, vixilancia, publicidade e fomento dos intereses económicos, sociais, profesionais e empresariais dos seus membros.

Asinan a acta de constitución: José Rodríguez Carrera e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 24 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra