Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de Espaderos Guardeses (E&G).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve-

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Espaderos Guardeses (E&G), que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: provincia de Pontevedra.

Profesional: regulación, desenvolvemento e fomento da actividade de pesca con buques de palangre de superficie, fresco e conxeladores.

Asinan a acta de constitución: Antolín Baz Alonso e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 24 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra