De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios do Polígono de Toedo-A Estrada, que abrangue os seguintes ámbitos.
Territorial: local.
Profesional: defensa e resolución dos problemas comúns das empresas asociadas.
Asinan a acta de constitución: Manuel García Neira e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 22 de xullo de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra